Amosando publicacións coa etiqueta as negras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta as negras. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de outubro de 2010

exposición


Exposición de Pintura ao óleo de Lalo
titulada
                     "AS NEGRAS"


O verde de teos ollos
atormentan meos sentidos emocionais
torpedeando sangue ao cerebelo
e debuxando cores na terra psicodélica.
            O louro do teos cabelos lixos
enxalzan a figura dun corpo
que emana da terra silvestre
recollendo seo froito na alba da xuventude.
            Teos peitos coma soles
alumean as estrelas sobre a auga
dos mares, recollendo o zume
co mundo nos da ao soñar.
            Meo ánimo de fogueo da realidade
palpita meo corazón
cunha fina sintonía
e unha sobredoses de amor, pra amarte.
            O paso do tempo amosoume
que somos o espírito dos animais
nun mundo atropelado polo furor
de acabar con todo e so quedar co recordo.
As miradas, que te vexo
cada vez que meos ollos se abren
e unha natureza louca de amor
e cada un goza da súa faceta.
            Na noite de escuro resplandor
a silueta do teo corpo
florece de vida, a alma
dun solitario, que ama a natureza,
da túa sombra.